Vintesete iniciativas optan á realización do proxecto de rehabilitación do Antigo Cárcere de Lugo

Xoves, 23 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa do Concello de Lugo acolleu hoxe a xuntanza para a apertura de plicas presentadas para o proxecto, dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial englobado dentro do Plan Urban.

Nesta primeira xuntanza o xurado comezou coa selección dun máximo de cinco empresas que poderán participar na segunda fase do concurso. Esta comisión comprobou ao longo de todo o día que os candidatos cumpren cos requisitos de capacidade e solvencia sinalados nas bases do concurso.

O xurado estivo composto por:

  • A Concelleira de Economía e Emprego
  • Un representante do grupo municipal do Partido Popular
  • Un/a representante do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego
  • A Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial
  • A Delegada do Alcalde para a área de Urbanismo.
  • O Interventor municipal
  • A xefa de asesoría xurídica
  • Un/a representante de Caixa Nova
  • Un/a representante de Caixa Galicia
  • Un/a arquitecto/a adscrita/o á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
  • Un/a arquitecto/a nomeado/a polo Colexio de Arquitectos de Lugo
  • Un/a arquitecto/a nomeado/a pola Universidade da Coruña
  • Dous arquitectos municipais
  • A Directora do Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA)

Foron un total de 27 as plicas presentadas a este concurso por empresas de recoñecido prestixio nacional:

  • José Manuel Casabella
  • Ignacio Mendaro Corsini
  • Ara Arquitectos
  • Junquera Arquitectos S.L.P.
  • Vier Arquitectos S.L.
  • Clothos-Técnicos Edificación
  • Santiago Catalán Tobia
  • JTS Brown Cercos Asociados S.L.
  • Gecsa Ingeniería y Obras, S.A.
  • Alfonso Penela Fernández
  • Fraga, G. Quijada, Portoles y Asociados, S.L.P.
  • Horacio Fernández del Castillo
  • José Luís Pereiro Alonso
  • Creuse Carrasco Arquitectos, S.L.P.
  • Dopi Arquitectos Asociados, S.L.P.
  • Díaz y Díaz Arquitectos, S.L.P.
  • Gau. Arquitectura e Urbanismo
  • Alfredo Feiedo Alemparte
  • Manuel Martínez López
  • Graíño Martínez López
  • Graíño Nieto Arquitectos
  • Rafael Espinosa Azofra
  • Jaime L. Lorenzo Saiz-Calleja
  • Espinosa de los Monteros y Arquitectos Asociados
  • Silvia Crespo Nomen
  • Joao Álvaro R