A vertente máis solidaria e deportiva do Día das Letras Galegas en Lugo: a carreira do colexio Cervantes

A Alcaldesa e os concelleiros de Deportes e Benestar Social foron os encargados de dar a saída ás diferentes categorías da proba, que concentrou a uns 700 corredores e corredoras ao redor da Praza Agro do Rolo

Mércores, 17 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A vertente máis solidaria e deportiva do Día das Letras Galegas en Lugo: a carreira do colexio Cervantes

A vertente máis solidaria e deportiva do Día das Letras Galegas en Lugo foi a carreira organizada polo colexio Cervantes, coa colaboración do Concello, que concentrou nos arredores da Praza Agro do Rolo a uns 700 corredores e corredoras. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu a esta xornada acompañada do  Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, ademais doutros membros da Corporación. Méndez, Fernández e González foron os encargados de dar a saída ás distintas saídas das probas, nas que participaron deportistas de todas as idades, así como de entregar os trofeos.

Multimedia

  • A vertente máis solidaria e deportiva do Día das Letras Galegas en Lugo: a carreira do colexio Cervantes

Noticias relacionadas