Á venda as entradas para os concertos de Gustavo Almeida e Víctor Manuel, que acollerá o auditorio municipal en marzo

Poden mercarse a través de entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Gustavo Freire o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo

Gustavo Almeida ofrecerá unha actuación, organizada polo Concello en convenio coa AGADIC, o día 16 de marzo ás 20:00 horas en formato banda

Pola súa banda, Víctor Manuel presentará o seu novo traballo o día 22 de marzo, dende as 20:30 horas, Casi nada está en su sitio

Mércores, 13 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Á venda as entradas para os concertos de Gustavo Almeida e Víctor Manuel, que acollerá o auditorio municipal en marzo

As entradas para os concertos de Gustavo Almeida e Víctor Manuel, que terán lugar os días 16 e 22 de marzo, respectivamente, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, dentro da programación de Artes Escénicas que puxo en marcha o Concello, xa están á venda. As entradas poden mercarse xa a través do portal web entradaslugo.es, na  Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Gustavo Almeida ofrecerá unha actuación cunha duración de 80 minutos, organizada polo Concello en convenio coa AGADIC, o día 16 ás 20:00 horas en formato banda, onde, ademais de pola súa guitarra, estará acompañado por batería, percusión, baixo, teclado, guitarra acústica, guitarra eléctrica, metais e coros. Un formato que permite respectar ao 100% a sonoridade do disco, coa dinámica e a versatilidade moi características de Gustavo Almeida.

Pola súa banda, Víctor Manuel presentará o seu novo traballo nun concerto cunha duración de 70 minutos o día 22 de marzo, dende as 20:30 horas, Casi nada está en su sitio. Todas as cancións escritas teñen o seu sitio, fala, Víctor Manuel, como non, de Asturias, Allá arriba al norte....

As entradas para Gustavo Almeida teñen un prezo de 10 euros para a zona A e 8 euros para zona B, e as de Víctor Manuel prezo único de 20 euros. Existen distintos descontos: persoas desempregadas, menores de 30 anos, ou pensionistas, entre outros.

Noticias relacionadas