A V Foliada de Orbazai celébrase o 6 de xuño con novas actividades e unha exposición de artesanía

Dende as 17 horas haberá diferentes actuacións musicais de grupos de toda Galicia

Martes, 19 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
imagen1

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Asociación de Veciños de Orbazai, Germán Gómez, e a vicepresidenta da Asociación de Veciños de Orbazai, Mari Carmen Ríos, presentaron a V Foliada de Orbazai que se celebra o sábado 6 de xuño.

Os actos comezarán ás 11.30 cunha misa solemne e a apertura dos postos de artesanía ás 12.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17 horas, celebrarase o encontro de grupos de música tradicional no campo da festa da parroquia de Orbazai. Nesta quinta edición da Foliada de Orbazai participaran os grupos: Airiños de Orbazai, Axeigo de Lugo, Abrente de As Nogais, Os da Fonte do Frade de Tomiño, Buxainas de Cedeira, e Falcatrueiros de Monterroso.

Carmen Basadre animou a todos os veciños de Lugo a achegarse ao campo da festa de Orbazai para gozar dunha xornada de música tradicional ao aire libre e destacou o “importante traballo que realizan as asociacións para recuperar a cultura e a música tradicional”. Ademais, explicou que haberá exposición de artesanía en ferro, coiro, calceta ou liño, entre outras cousas.

A Vicepresidenta da Asociación de Veciños de Orbazai, organizadora do evento, convidou a todos os lucenses a participar nas actividades ademais de invitar “á posterior foliada e degustación de pinchos para rematar a xornada”. A presentadora desta edición será a xornalista Mª Xosé Fernández Azpeitia.

+ Info

Noticias relacionadas