Uns 70 deportistas participarán no X Gran Premio Ciclista San Froilán

Mércores, 30 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e os directivos do Club Ciclista Cidade de Lugo, Eugenio Paz e José María Seijas, presentaron esta mañá o X Gran Premio Ciclista San Froilán que terá lugar a partir das 17:00 horas do vindeiro sábado, 3 de outubro, na Avenida de Ramón Ferreiro.

Segundo anunciaron os organizadores agárdase a participación duns 70 deportistas nesta proba que fará disfrutar do ciclismo de moi alto nivel deportivo ao público asistente.

Os deportistas participantes competirán nas categorías élite e sub 23 que este ano como novidade contarán con catro probas distintas:

- Fondo (20 voltas).

- Contrarreloxo por equipos

- Sprint

- Eliminación

Pasarán a formar parte do medalleiro aqueles que obteñan o maior número de puntos nas probas.

Ademais, nesta xornada ciclista haberá na Praza de Ramón Ferreiro de forma paralela á competición dos maiores, unha ginkana destinada aos máis pequenos co fin de achegar o ciclismo a toda a poboación pero especialmente á mocidade. Todos os que participen nesta ginkana recibirán un agasallo como recordo.

Multimedia

Noticias relacionadas