Uns 600 rapaces participarán no IV Torneo de Fútbol 7 do Polvorín

Mércores, 17 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto á Presidenta do Club Deportivo Polvorín, María Carmen Téllez, o coordinador do torneo, Julián Merodio, e o Asesor de Deportes da Deputación de Lugo, Eduardo Abel, presentaron a IV edición do Torneo Fútbol 7 do Polvorín.

Díaz Grandío explicou que ano tras ano este campionato conta con melloras notables na súa organización e cada ano son máis o número de rapaces que participan.

Na cuarta edición deste campionato participarán entre 500 e 600 rapaces de todas as provincias galegas que amosarán o seu esforzo e as ganas que poñen no seu xogo.

Os partidos disputaranse no campo de fútbol municipal de O Polvorín os días 19, 20 e 21 de xuño.

Multimedia

Noticias relacionadas