Uns 30 voluntarios de Protección Civil reciben formación para o manexo dun novo desfibrilador

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un grupo de 30 voluntarios de Protección Civil asisten hoxe e mañá a un curso de desfibrilación externa semiautomática (DESA), que imparte a Consellería de Presidencia. Trátase dunha formación teórica e práctica de oito horas de duración que se imparte entre as catro e as oito da tarde.

Este organismo dotará ao departamento de Protección Civil do Concello de Lugo dun desfibrilador externo semiautomático para atender os casos de parada cardíaca en emerxencias.

Este equipamento, co que contan todas as ambulancias do 061 en Galicia, necesita a formación reglada específica do persoal para a súa utilización. Por isto, realízase esta acción formativa en colaboración coa Fundación Pública de Urxencias de Galicia.

A citada formación comprende a teoría e práctica simulada da reanimación cardiopulmonar asistida polo citado equipo. Está impartido por personal sanitario do 061 de Lugo.

A área de Protección da Comunidade do Concello de Lugo, que dirixe José Ángel González Corredoira, como responsable da intervención dos medios municipais nas emerxencias, considera este equipamento e a formación específica como primoridais na mellora da seguridade das persoas.

De feito, mañá, martes, ás cinco da tarde, realizarase a entrega oficial do desfibrilador ao Concello de Lugo. No acto estarán a Delegada de Presidenica, Begoña Santos; o Delegado de Sanidade, Miguel Rodríguez Lois; o Director Provincial do Sergas, José Luis Rodríguez López; o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, e o Coordinador en Lugo do 061, o doutor Miguel Freire.

Noticias relacionadas