Uns 120 atletas disputarán en Lugo esta fin de semana a III Copa de Europa de Péntatlon Moderno e Laser Run

Miguel Fernández e Paco Villanueva presentaron esta cita, que terá lugar nas Pedreiras paralelamente co II Memorial José Carlos Vidal e o campionato galego absoluto 2018 de laser run e de categorías menores de pentatlón

Xoves, 01 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Uns 120 atletas disputarán en Lugo esta fin de semana a III Copa de Europa de Péntatlon Moderno e Laser Run

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Vicepresidente da Federación Española de Tríatlon, Paco Villanueva, acompañados polo Presidente da Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo, José Luis Méndez, e un membro da directiva deste colectivo, José Antonio Blanco, presentaron este xoves, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a III Copa de Europa de Péntatlon Moderno (categorías menores) e Laser Run Cidade de Lugo 2018, co que colabora o Concello. Así mesmo tamén se celebrará o II Memorial José Carlos Vidal, antigo membro da directiva de Triatlón Terras de Lugo, e o campionato galego absoluto 2018 de laser run e de categorías menores de péntatlon moderno.

Miguel Fernández convidou aos veciños e veciñas de Lugo a achegarse a presenciar as distintas citas deportivas dun deporte con gran aceptación non só na cidade, senón tamén na provincia.

As instalacións municipais de As Pedreiras (piscina, módulo de atletismo e pistas de atletismo) acollerán estas citas deportivas esta fin de semana, 3 e 4 de marzo, nas que competirán ao redor duns 120 atletas. O sábado a competición arrincará a partir das 16:30 horas e o domingo, dende as 09:00 horas.

Noticias relacionadas