Unhas 50 persoas participaron na actividade Ollando a un Xigante

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos Sociais celebrou, na pasada semana, a actividade “Ollando a un xigante”, consistente na realización de observacións de astronomía dende A Mosquera. Ó redor de 50 persoas de todas as idades, familias e turistas aproveitaron a ocasión para botarlle un ollo ó espectacular “xigante” Xúpiter, á lúa e ás estrelas cando o estado do ceo así o permitiu

A variabilidade das condicións meteorolóxicas motivou que a actividade, inicialmente prevista para celebrarse durante seis días, se suspendera nas dúas últimas sesións. Ainda así hai que sinalar que nos días nos que se puido celebrar tivo unha moi boa acollida.

A actividade foi dirixida por Francisco García, astrónomo lucense que descubriu a Supernova SN 1993-J, e co que en anteriores ocasións contou o Concello de Lugo para conducir actividades similares na cidade.

Noticias relacionadas