Unhas 50 persoas participarán no Campionato Galego de Automodelismo en Lugo

Xoves, 25 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo acolle o domingo 28 de xuño a última fase do Campionato Galego de Automodelismo que xa disputou a súa primeira etapa a pasada fin de semana, e que foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo e o Vicepresidente do RC-Lugo Jemy Arias.

Nesta cita participarán ao redor de 50 pilotos de toda Galicia e, incluso, algún luso. O evento levarase a cabo por parte do club lucense RC-Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lugo na Casa da Música.

O Concelleiro de Deportes indicou que “esta é unha das probas máis importante que se vai a realizar neste circuíto e agradeceu o esforzo do club para manter unha actividade case permanente nas instalacións do Concello ao longo de todo o ano”.

Pola súa banda a Concelleira de Xuventude, agradeceu ao club o seu esforzo para ofrecer alternativas de ocio á mocidade lucense, “sobre todo tendo en conta que o mundo do motor está en auxe na cidade”.

As categorías participantes serán: 9/8 Pista Gas, 1/10 235, 1/10 Tourin Eléctrico e Baquetas Eléctricas.

O domingo a partir das 10:30 está previsto o comezo das mangas clasificatorias que colocarán a cada piloto segundo os seus tempos. De seguido terán lugar as semifinais e as ansiadas finais deste deporte que cada día conta con máis afeccionados na cidade.

Mais información sobre a proba e sobre o automodelismo lucense en www.rclugo.es

Noticias relacionadas