Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs

Carmen Basadre presenciou este domingo no Mercado Municipal este desfile, que mostra as propostas de vestimenta e peiteados das firmes lucenses para esta festa de recreación histórica, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño

Domingo, 08 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs

O Mercado Municipal acolleu este domingo dende as 18:00 ás 19:30 horas, unha edición máis, e xa van sete, da Mostra de Moda e Vestimenta de Época Romana, enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello, á que asistiron unhas 300 persoas, entre as que se atopaba a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Trátase do mellor escaparate de vestimenta, complementos e peiteados de firmas lucenses de cara ao Arde Lvcvs.

Este desfile, que foi presentado pola actriz lucense Alba Mesa e custodiado por membros da Guardia Pretoriana e Trebas Galaicas, contou coa participación de 8 deseñadores e 5 perruquerías, que mostraron as súas mellores creacións inspiradas na época romana.

Tal e como deu a coñecer a Concelleira, esta mostra constitúe unha importante oportunidade para dinamizar o sector máis creativo do municipio, pois nesta cita dan a coñecer as súas propostas de cara ao vindeiro Arde Lvcvs, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño. Este ano, ademais, os asistentes tiveron a ocasión de gozar cun espectáculo de danza de dúas bailarinas da escola de Star Dance. Neste evento tamén desfilaron os participantes do obradoiro de vestimenta romana que o Concello está a levar a cabo na Casa da Xuventude, e que foron peitedados polos alumnos e alumnas do ciclo de perruquería do instituto Muralla Romana.

Nesta gala deuse cita o mellor da creatividade lucense da man de Beatriz Valín, María Tacón, Corazóns Artesáns, D´ponepin, Pandelandras, Don Botón, Unha de Romanos e Lowena. As perruquerías participantes foron Avalon Peluqueros, Peluquería Azares, Miriam Souto Peluqueros, Vanessa Martínez e Peluquería Venus.

Premios Busca do Tesouro

Previamente ao desfile, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou os diplomas aos gañadores da actividade Busca do Tesouro, celebrada o pasado 30 de abril pola cidade.

Multimedia

  • Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs
  • Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs
  • Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs
  • Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs

Noticias relacionadas