Unhas 25 vivendas optan este ano ás axudas para a rehabilitación concedidas polo Concello

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe a apertura dun novo prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no centro histórico de Lugo.

Besteiro presentou esta sétima fase de axudas no marco da praza do Campo, "un lugar que reflicte claramente o resultado da aplicación da rehabilitación nos edificios de corte histórico da cidade", dixo.

Según indicou, o outorgamento de subvencións considérase unha técnica para fomentar determinadas actuacións e actividades que se consideran de utilidade pública ou de interese social.

Nos últimos anos prodúxose un importante incremento do número de residentes no centro histórico de Lugo que solicitaron axudas para a realización de proxectos de rehabilitación da súa vivendas e elementos comúns dos edificios que habitan. De feito, preto de 400 residencias habituais foron reformadas nos últimos oito anos.

Hoxe está publicado no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria destas bases, que teñen un orzamento de 275.000 euros, dos que 125.000 aporta a Xunta de Galicia e 150.000 a do Ministerio de Vivienda.

Nesta fase as obras de rehabilitación afectarán a un mínimo de 25 vivendas, executándose obras por un valor total de 416.666,67 euros.

Para a concesión das axudas tomarase fundamentalmente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do centro historico de Lugo como punto de partida e marco para a conservación das características físicas e tipolóxicas dos edificios.

A concesión de axudas seguirá as normas que xa son tradicionais:

  • Poderán acceder tanto propietarios como inquilinos, neste ámbito definido de 25 vivendas.
  • Teñen que ter a categoría de residencia habitual ou de aluguer.
  • Non se conderá a subvención a aquelas obras que estean feitas antes da resolución provisional da concesión da actuación.
  • As actuacións de rehabilitación serán de dous tipos: de edificios (serán subvencionables as actuacións nos elementos para a accesiblidade, protección contra incendios, estanquidade, aforro enerxértico...) e de vivendas (ademais dos anteriores, primarase a instalación de calefacción, saneamento, extracción de fumes, iluminación, ventilación, etc...
  • Para a concesión terán preferencia os edificios catalogados sobre os non catalogados e a orde de presentación de solicitudes, até rematar o dispoñible.
  • Serán subvencións a fondo perdido pero as actuacións serán informadas en todos os casos polos Servizos Técnicos Municipais.
  • As subvencións terán un importe máximo do 80% do orzamento protexido da obra cunha coantía máxima por vivenda de 11.000 euros.
  • Como non podía ser doutro xeito, as obras proxectadas deberán contar coa preceptiva licenza municipal.
  • O non cumprimento das principais normas levará aparellada a perda da axuda.
  • As solicitudes coa documentación requirida presentaranse no Rexistro do Concello. O prazo, que se abre mañá, se alongará durante dous meses.
  • Noticias relacionadas