Unhas 200 persoas disfrutaron da I Mostra Itinerante de Cine Español feito por Mulleres

Venres, 22 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mostra de Cine Español feito por Mulleres comezou o pasado luns 18 de outubro cunha charla coloquio na que participaron a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a directora de cine Chus Gutiérrez, a técnica da mostra, Ana Isabel Palacios, a artista lucense Luz Darriba e a directora do centro de produción de programas da Fundación TIC, Marga Soilán. Trala charla, tivo lugar a proxección do film de Chus Gutiérrez “Retorno a Hansala”.

O martes foi o turno do film “El niño pez” de Lucía Puenzo. O mércores proxectouse “Tres días con la familia” de Mar Coll, e o xoves pechou a Mostra “La luna en ti”, obra da directora Diana Fabianova. En total, case 200 persoas se achegaron ata o Centro de Convivencia Maruja Mallo para disfrutar dalgunha das proxeccións, cuxa entrada foi de balde.

A mostra, impulsada polo Instituto da Muller, xa pasou por Benidorm antes de chegar a Lugo, e de seguido percorrerá as cidades de Xaén, Murcia e Xixón.

http://www.cineenruta.com/mujeres-de-cine.html

Multimedia

Noticias relacionadas