Unha mesa redonda sobre arbitraxe de consumo pecha o ciclo de charlas informativas organizadas Concello de Lugo

Xoves, 20 de decembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este xoves, 20 de decembro, remata o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.

Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e para actualizar os seus coñecementos nesta materia, achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.

Todos os xoves de novembro e decembro expertos profesionais están a impartir charlas para empresarios, cidadás e nenos sobre distintos temas de gran interese para o consumidor. As conferencias agrúpanse en tres campos segundo os seus destinatarios: consumidores, empresarios e nenos.

No ciclo para consumidores celebráronse catro charlas relacionadas coa telefonía, coas compras do Nadal, coa enerxía eléctrica e coas sucesións en Galicia, que son temas nos que os cidadás teñen moitas dúbidas e que acumulan gran cantidade de reclamacións como é o caso da telefonía móbil. Precisamente, en todas as charlas rexistrouse unha alta participación.

Para os empresarios o Concello de Lugo programa esta mesa redonda sobre Arbitraxe de Consumo, que pechará este ciclo, e contará coa participación de representantes do Instituto Galego de Consumo, de Comercio e de Asociacións de Consumidores. Terá lugar este xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da 6ª pranta do Edificio dos Sindicatos, situado na Ronda da Muralla.

Noticias relacionadas