Unha mesa redonda e unha conferencia pecharon as actividades polo XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Martes, 03 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha mesa redonda e unha conferencia pecharon as actividades polo XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A Mesa Redonda “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira, seguidos pola conferencia de Adolfo de Abel Vilela “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento” foron os encargados de pechar as actividades que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organizou co gallo do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Foron un total de 6 actividades lúdicas e formativas que tiveron como obxectivo, segundo declarou Maite Ferreiro, “lembrar a implicación das institucións e da veciñanza de Lugo para conseguir que a nosa Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade”, con máis de 400 fotos recollidas os días 22, 23 e 30 de novembro.

O vello cárcere foi o centro das actividades, acollendo a exposición de Luz Darriba “Amurallando os soños II Cumulum 2000-2019”, que trata sobre a acción realizada pola artista no ano 2000 xunto cos concertos da Banda Filharmónica Infantil e “Que o Camiño nos leve a atoparnos” de Solo Voces.

A concelleira Maite Ferreiro, que moderou a mesa redonda, aproveitou para agradecer á veciñanza de Lugo “a súa implicación e colaboración tanto nesta celebración como en todo o proceso que puidemos lembrar durante estes días”.

Multimedia

  • Unha mesa redonda e unha conferencia pecharon as actividades polo XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas