Unha comedia de enredo clausura a segunda edición do Xoves con Arte

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pecha mañá, xoves, a que será a última actuación desta segunda edición do programa Xoves con Arte.

Nesta ocasión trátase da obra de teatro “El Día del Padre”, a cargo da Compañía Reló. A obra é unha comedia que xira sobre a paternidade. Tres descoñecidos reunidos na sala de espera dunha clínina de reproducción asistida supoñen o punto de partida desta delirante obra na que pronto descobren o seu nexo común: a súa pasada relación coa mesma muller.

A Concelleira destacou o feito de que o elenco é o rasgo máis significativo desta comedia, que se representará o xoves no Auditorio Gustavo Freire, a partir das nove da noite:

Aitor Mazo. Recoñecido actor e director. Destaca a súa actuación en moitas películas como: "A mi madre le gustan las mujeres", "Visionarios", "Lisistrata", "Carretera y manta" ou Airbag".

Vicente Romero. O seu papel do Maquea na miniserie televisiva “Padre Coraje” reportoulle recoñecemento como mellor actor revelación, concedido pola Unión de Actores. Na gran pantalla aparece en films como “Horas de luz”, “7 vírgenes”, “La sombra de Nadie”

Javier Martín. Famoso grazas a “Caiga quien Caiga” (Tele5), apareceu tamén en “Paco y Veva” (TVE-1). A súa experiencia exténdese tamén no cine: “El rey de la Granja”, “Sobreviviré” e “Corazón de bombón”. Participou en diferentes curtametraxes.

Victor Ullate. No seu haber están films como “Km 0”, “Pon un hombre en tu vida”

As entradas están á venda para todos os públicos a un prezo de cinco euros na Oficina de Información Xuvenil e media hora antes do comezo da obra no propio Auditorio. Estarán dispoñibles un total de 700 entradas.

Esta segunda edición de Xoves con Arte deu comezo no mes de febreiro cunha actuación de catro monologuistas que foi vista por 650 persoas. En marzo foi o teatro o responsable da cita, neste caso o musical “Te quiero eres perfecto... te cambiaré”, que foi vista por máis de 400 persoas, a mesma cantidade que presenciou o espectáculo de maxia de René Lavand en abril.

Noticias relacionadas