Unha Cata con Baco e Festa Beltayne: as propostas que achega o Arde Lvcvs Cvltvral esta semana

A cata terá lugar mañá xoves, impartida por Isabel Lozano, a partir das 20:00 horas no Vello Cárcere. Esta actividade, que se repetirá no vindeiro mes de abril por partida triple, é unha das novidades da programación deste ano

Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas, Clan de Breogán, Lugdunum e Civitas Lucensis serán as encargadas de dirixir a Festa Beltaye, de benvida á primavera o sábado, dende as 16:30 horas, na Praza Horta do Seminario

Mércores, 27 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha Cata con Baco e Festa Beltayne: as propostas que achega o Arde Lvcvs Cvltvral esta semana

O Arde Lvcvs Cvltvral, o programa de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, celebra esta semana unha cata con Baco, o deus romano do viño, e unha festa de benvida á primavera.

Esta Cata con Baco terá lugar mañá xoves, 28 de marzo, impartida por Isabel Lozano Verdes, a partir das 20:00 horas no Vello Cárcere. Esta actividade, que se repetirá no vindeiro mes de abril por partida triple, é unha das novidades da programación deste ano. Para participar nesta cata, que é de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo.

As asociacións de recreación histórica Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas, Clan de Breogán, Lugdunum e Civitas Lucensis serán as encargadas de dirixir a Festa Beltaye, de benvida á primavera. Haberá xogos galaicos, pintado de caras con pictos galaicos, representación de vodas celtas, ofrendas e rituais galaicos, o sábado, 30 de marzo, das 16:30 ás 20:00 horas na Praza Horta do Seminario. Para rematar a festa, os distintos colectivos realizarán un desfile galaico polas rúas da cidade.

Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario, e continúa aberta a inscrición, no 010, para o Obradoiro de Teatro Clásico de mitoloxía, que arrincará o 2 de abril.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre as actividades propostas do Arde Lvcvs Cvltvral |  Descargar mp3

Noticias relacionadas