A UNED de Lugo presentou esta mañá a Semana Stop Cambio Climático

Luns, 19 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A UNED de Lugo presentou esta mañá a Semana Stop Cambio Climático

A UNED de Lugo presentou esta mañá a Semana Stop Cambio Climático que se celebrará do 19 ao 25 de outubro na sede do Centro. Na presentación estiveron presentes a vicepresidenta da Xunta Reitora, Ana G. Abelleira, a directora da UNED, Ana Traseira, o codirector do Proxecto, Carlos García e o secretario do Centro, Alejandro Prieto.

A vicepresidenta da Xunta Reitora manifestou sobre “a importancia da implicación do Concello de Lugo na promoción dun xeito de vida máis sostible, co que se comprometeu, non so a través da UNED, se non tamén mediante o proxecto LIFE LUGO + BIODINÁMICO, que implica a creación do primeiro barrio multiecolóxico de España, un concello onde o 91% da poboación cre na importancia da loita contra o cambio climático”.

A directora incidiu na importancia de sumar esforzos na loita contra o cambio climático e para a concienciación cidadá. O proxecto #NaturalMente no que se encadra esta semana de actividades, nace da idea de dous traballadores do Centro e ten como fins principais a loita contra o cambio climático e a sensibilización sobre a importancia dunha vida máis sostible, a posta en valor do patrimonio ambiental da provincia e a difusión e contribución ao alcance dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU.

O codirector do proxecto, Carlos García puxo de manifesto que esta iniciativa é froito dun diálogo xeracional que entende que para recuperar o noso mundo debemos recuperar a súa biodiversidade. Vamos a loitar para que os nosos fillos e fillas reciban un planeta con futuro.

A vicepresidenta da Xunta Reitora manifestou a importancia da implicación do Concello de Lugo na promoción dun xeito de vida máis sostible, co que se comprometeu, non so a través da UNED, se non tamén mediante o proxecto LIFE LUGO + BIODINÁMICO, que implica a creación do primeiro barrio multiecolóxico de España. Un concello onde o 91% da poboación cre na importancia da loita contra o cambio climático.

Noticias relacionadas