Un traballador resultou ferido grave ó caer desde un andamio con una altura de 2 metros

Mércores, 13 de febreiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un home de profesión escaiolista sufríu una caída desde un andamio no que estaba traballando con unha altura aproximada de 2 metros. Os feitos tiveron lugar hoxe, día 13, ás 11.10 horas no baixo sito no Carril das Frores, 30.

O traballador foi evacuado ó Hospital Xeral nunha ambulancia do 061.

I.A.F. de 45 anos e veciño de Lugo, estaba subido ó andamio e por causas que se descoñecen caeu o chan resultando con feridas na cabeza e nun brazo.

Noticias relacionadas