Un total de 53 deseños compiten por ser a imaxe do MMXVI Arde Lvcvs, unha vintena máis que o pasado ano

Un xurado profesional escollerá o gañador deste certame, que recibirá un premio de 1.000 euros

Luns, 29 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 53 carteis optan a ser a imaxe do MMXVI Arde Lvcvs, unha vintena máis que o pasado ano. Un xurado profesional, formado por un fotógrafo, un deseñador gráfico e un membro da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, encargarase de elixir o cartel anunciador gañador ao longo desta semana, que recibirá un premio de 1.000 euros.

Atendendo á petición dos participantes, o Concello decidiu interrumpir a votación popular, que fora posta en marcha pola entidade local co obxectivo de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe do Arde Lvcvs, unha condición que se incluirá o vindeiro ano nas bases oficiais do concurso de deseño do cartel para fomentar a participación cidadá.  

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, mostrouse moi satisfeita da alta participación neste certame que busca cartel para esta festa de ambientación histórica, que o pasado ano deixou uns 6 millóns de euros na cidade, e que por primeiro ano durará catro días. 

Noticias relacionadas