Un sestercio da época do Emperador Galba será a Moeda Oficial do Arde Lucus MMXIV

Luns, 19 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto co presidente da Asociación Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, e escoltados por soldados romanos, e na que estivo o emperador Galbo, Ildefonso de Andrés, presentaron esta mañá a moeda oficial que esta asociación acuña, por quinto ano, para a festividade do Arde Lucus.

Carmen Basadre destacou o gran éxito acadado por esta inicitiva e sinalou que é unha “mellor maneira de coñecer o noso pasado romano dunha maneira máis amena ademais de que queda un recordo da festa”.

O Emperador Galbo explicou que este ano 2014 La Cohors III Lucensium, unha vez máis, “quere que todos os asistentes á festa do Arde Lucus se sintan máis identificados con esta cidade e dunha forma totalmente lúdica, por uns días, sexamos máis participativos, facendo que público e comerciantes nos metamos máis no papel da festa, exportando unha imaxe positiva e cordial das xentes de Lucus Augusti”. En total, poranse en circulación 6.000 moedas.

A moneda está realizada en bronce e é un sestercio de bronce do ano 68 d.C,  acuñada polo Emperador Servio Sulpicio Galba, emperador de Roma entre xuño do ano 68 a xaneiro do ano 69 d.C. Escolleuse esta moeda porque, o emperador Galba, foi gobernador da Hispania Tarraconense e foi o creador da Legio XII Gemina da que provén a Cohors III Lucensium en Lucus Augusti.

No anverso da moeda figura a cara do Emperador Servio Sulpicio Galba e no reverso  da moeda podemos ver unha inscrición que pon ROMA / SC cunha Diosa da Victoeria de descanso en un globo e sontendo un cetro cara a súa coroa e un xabarín distintivo das Cohors.
 
A moneda será repartida polos establecementos identificados có distintivo da moeda durante esta semana.  Cada moeda ten o valor de 2 euros. A devolución dos pagos será realizada en euros, e poderanse cambiar as moedas ata fin de existencias.

Unha vez finalizadas as festas, aqueles romanos que queiran volver a obter os euros polo valor das moedas, deberán realizar o cambio nos establecementos có distintivo, dando por pechada a operación do cambio o domingo 22 de xuño de 2014. O Banco Oficial da moeda do Arde Lucus estará situado no Hotel Pazo de Orban, na zapatería Rochas, na tenda Firi Mujer, en Joyería Honorino, no Estanco Galerias Calle Cruz, na tenda Unha de Romanos e no Faro de Los Tres Mundos.

Pulseira Arde Lucus

Tamén por segundo ano consecutivo se vai a poñer a venda a pulseira da Cohors III para o Arde Lucus 2014, que leva incorporada, en conmemoración ao deus Jano, unha moeda en bronce que é un denario romano que estivo en uso entre o ano 110 a.C. e o 108 a.c. No anverso figura o a cara do deus Jano bifonte e no reverso pódese ver Roma de pé coronando un trofeo con dous escudos e un carnix. Esta pulsera terá un valor de 5 euros e estará a venda nos mesmos establecementos que a moeda.

Para calquer información poderán dirixirse á Asociación a través do correo electrónico info@cohorsIIIlucensium.es ou chamando ao teléfono 629 842614 - 982 240217.

Multimedia

Noticias relacionadas