Un selo de coleccionistas recolle os Patrimonios da Humanidade de Lugo en conmemoración da Exposición Filatélica Nacional

A alcaldesa lucense, Lara Méndez, destaca que desde hoxe “a nosa cidade é unha xanela aberta ao mundo” a través da celebración de Exfilna, a mostra más importante do sector.

 O Concello de Lugo colabora coa celebración desta mostra, que reflicte a historia postal desde o século XVI, con coleccións de particulares españois e de varios países do mundo.

Xoves, 21 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un selo de coleccionistas recolle os Patrimonios da Humanidade de Lugo en conmemoración da Exposición Filatélica Nacional

Un novo selo de coleccionistas recolle os tres Patrimonios da Humanidade de Lugo (Muralla, Catedral e Camiño Primitivo) para conmemorar a celebración na cidade da 59 edición da Exposición Filatélica Nacional, a máis importante do país, que hoxe se inaugurou e que se poderá visitar ata o día 24. “Será un peza importante, da que se emitirán 140.000 follas bloque, e que se suma xa ao enorme caudal filatélico en selos ordinarios, benéficos e conmemorativos que recollen a riqueza patrimonial, histórica e cultural lucense”, segundo lembrou hoxe a alcaldesa Lara Méndez, durante la presentación do mesmo hoxe no salón de plenos municipal.

 

A rexedora destacou a importancia de que esta exposición, coa que colabora o Concello de Lugo, “xa que será unha xanela aberta ao mundo para a nosa cidade tendo en conta que son máis de 50 millóns de persoas de todos os países os amantes dos selos, máis de medio millóns de persoas en España”.

 

Méndez agradeceu a emisión deste novo selo, e tamén agradeceu aos 82 coleccionistas que cederon as súas pezas para Exfina, así como a Correos, á Federación Española de Sociedades Filatélicas e a Sociedade Filatélica lucense que elixiran Lugo para a mostra, que ofrece máis de 500 marcos expositores con 80.000 follas de selos, “de gran riqueza cultural que reflicte a historia postal desde o século XVI, con coleccións de particulares tanto españois como de varios países do mundo, que convido a visitar”.

 

A rexedora inaugurou a Exposición conxuntamente co presidente da Federación Española de Sociedades Filatélicas, Miguel Ángel García, o director de Filatelia de Correos, Jordi Escruela, o alcalde de Monforte, José Tomé, que tamén realizou o cruño de honra da peza dedicada a Pedro Fernández de Castro Andrade y Portugal, VII Conde de Lemos, e con Luis Latorre, presidente da Sociedade Filatélica de Lugo.

 

 

59ª edición da Exposición Filatélica Nacional, EXFILNA 2021:

 

EXFILNA é unha cita histórica que vén realizando desde 1964 baixo a presidencia de honra dos reis de España. Este ano, tras unha época convulsa, debido á pandemia provocada pola COVID-19, a exposición volverá acoller público presencial e poderemos gozar na nosa cidade dende hoxe ata o 24 de outubro, das mellores coleccións nas seguintes localizacións:

 

  • Sala de exposicións do palacio provincial da Deputación de Lugo,
  • Carpa situada na praza Santa María
  • Salón Rexio do Círculo das Artes

 

Multimedia

  • Un selo de coleccionistas recolle os Patrimonios da Humidade de Lugo en conmemoración da Exposición Filatélica Nacional
  • Un selo de coleccionistas recolle os Patrimonios da Humidade de Lugo en conmemoración da Exposición Filatélica Nacional
  • Un selo de coleccionistas recolle os Patrimonios da Humidade de Lugo en conmemoración da Exposición Filatélica Nacional

Noticias relacionadas