Un percorrido polo centro da cidade para visualizar o Día Nacional das Linguas de Signos

Lara Méndez e Ana González Abelleira participaron nas actividades organizadas pola Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) e coas que colabora o Concello

Mércores, 14 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un percorrido polo centro da cidade para visualizar o Día Nacional das Linguas de Signos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron este mércores nas actividades con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos. Este evento, co que colabora o Concello, está organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) e a Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

As persoas participantes realizaron un percorrido polas diferentes institucións, con saída dende diante da Casa do Concello, finalizando na Muralla, diante da Mosqueira, onde se visualizou a iluminación deste Ben Mundial en cor azul turquesa, que representa esta efeméride.

Noticias relacionadas