Un neno de Ribadeo, beneficiario da campaña Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, coa que colabora o Concello

Os lucenses prestaron novamente a súa colaboración con esta iniciativa solidaria, conseguindo reunir 10 toneladas de tapóns de plástico para pagar as sesións de fisioterapia a Darius Gabriel Dumitrescu ao longo deste ano

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un neno de Ribadeo, beneficiario da campaña Os Tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, coa que colabora o Concello

A Alcaldesa, Lara Méndez, participou este xoves, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, no acto de entrega dun novo talón, conseguido coa iniciativa solidaria Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente, posta en marcha pola Fundación Puro Cora, e coa que colaboran o Concello e a institución provincial, ademais doutras entidades e asociacións lucenses. Esta campaña naceu para axudar a rapaces con enfermidades ou trastornos graves ou necesidades especiais ó tempo que contribúe á conservación do medio favorecendo a reciclaxe de plásticos. Nesta ocasión, o beneficiario é Darius Gabriel  Dumitrescu, un neno de 8 anos de Ribadeo, que sofre atrofia muscular espinal (AME).

Os lucenses prestaron novamente a súa colaboración a esta iniciativa solidaria, conseguindo reunir 10 toneladas de tapóns de plásticos, que supoñen unha recadación de 2.600 euros para pagar as sesións de fisioterapia que recibirá Darius ao longo deste ano 2019. 

No, ademais da Deputación, participan entidades, asociacións e empresas que colaboran nesta campaña co fin de axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con algún problema grave ou eiva que lle impide desenvolver unha vida con normalidade, con especial atención á infancia.

ASPNAIS

O Concello colabora con esta iniciativa desde a súa creación no ano 2012. A partir de agora o banco de tapóns pasa a ser xestionado por APSNAIS (Asociación de Pais ou Titores con Persoas con Discapacidade Intelectual), que será a entidade que centralice estes traballos, tanto a recolección dos tapóns como a avaliación dos casos. E ademais será a que reciba a partir de agora a recadación dos mesmos.

Noticias relacionadas