Un mercadillo solidario presenta o traballo das persoas con discapacidade en Lugo

Venres, 12 de decembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiron á inauguraron da terceira edición do mercadillo solidario do programa de Diversiarte.

Este mercadillo permanecerá no fondo da Praza Maior ata o día 13 de decembro, e estará aberto de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas os días 11 e 12, e de 11:00 a 14:00 horas o día 13.

Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e unha vintena de asociacións da cidade, para facer máis visible o traballo das persoas con discapacidade, e conseguir que as desigualdades deixen pouco a pouco de existir.

No mercadillo venderanse obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con distintas discapacidades, e que están normalmente á venda. Poderánse mercar postais e todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de nadal. Cada asociación terá ademáis o seu propio posto,  no que ofrecerá información sobre o seu traballo.

Mentras o mercadillo esté aberto, na Praza Maior haberá animación para todos os públicos. Hoxe, día 11, ás 16:30 horas, haberá unha actuación do grupo Pinchacarneiro, que representará a obra El médico a palos.
Os máis pequenos poderán disfrutar tamén de divertidas sesións de contacontos, que terán lugar o venres ás 17:30 horas e o sábado ás 12:00 horas.

As actividades de Diversiarte arrincaron xa o 3 de decembro, data na que se conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, coa lectura dun comunicado diante da Casa do Concello da man do deportista Maxi Rodríguez, e a posterior visita dos participantes ao Centro de Interpretación da Muralla.

O obxectivo deste programa é chamar a atención sobre a necesidade de garantir os dereitos cidadáns en igualdade.

Noticias relacionadas