Un grupo de internas de Bonxe elabobarán traxes para o Arde Lucus

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un grupo de 17 mulleres inscritas na escola do Centro Penitenciario de Bonxe ocúpanse estes días de elaborar un grupo de vestidos de romanos e romanas destinados ás asociacións colaboradoras de voluntarios que partipan na festa Arde Lucus.

Membros da Concellería de Xuventude, organizadora da festa, entregaron no centro penitenciario cen metros de tela e as respectivas guías e modelos para que realicen este traballo no taller de costura do centro.

Os traxes que lucirán Asterix e Obelix na recreación da aldea gala que realizará a asociación Anade e a elaboración dos sacos para as olimpiadas son algunhas das tarefas que realizarán durante estes días incluídos dentro do taller.

Segundo indicaron, a intención da Concellería e da escola do centro é manter esta colaboración durante todo o ano, para que podan seguir traballando durante o inverno para a festa elaborando o resto de traxes.

Ademais, podería ampliarse esta colaboración coa participación nos homes que paticipan no obradoiro de coiro, no que se elaborarían as corazas dos lexionarios

CASA DA MÚSICA

Durante esta semana continuarán tamén os talleres de confección de traxes na Casa da Música, organizados pola Concellería de Xuventude.

Preto de 1.700 voluntarios teñen confirmada xa a súa participación nesta edición. De feito, unha media de entre 150 e 200 persoas participan cada día nos talleres, que agora mesmo se celebran todas as tardes de luns a venres entre as seis e as nove da noite e os sábados pola mañá.

Segundo os datos que manexa a Concellería, xa se dobrou o número de persoas que utilizaron estos talleres en relación ao ano pasado, “o que demostra que se está a consolidar solidamente esta celebración, cunha elevadísima participación cidadá”, dixo Rosana Rielo, responsable da Concellería de Xuventude.

Noticias relacionadas