Un grupo de estudantes franceses que se atopan de intercambio co colexio Galén visitaron esta mañá o Concello

Martes, 19 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
imagen1

Un grupo de 12 escolares franceses de intercambio no colexio Galén iniciaron coa visita á Casa do Concello unha ruta turística para coñecer mellor a cidade. Así, o Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, recibiu aos alumnos e alumnas e interesouse pola súa visión da cidade.

Os estudantes procedentes dun instituto de Charenton-Le-Pont, nas proximidades de París, explicaron que habia unha gran diferenza entre a xente de Lugo e a de Francia e é porque en Galicia as persoas sempre levan un sorriso na cara e son moita máis acolledoras. Durante a semana que van a estar en Lugo tamén visitarán outras cidade de Galicia e probarán a comida galega.

Luis Álvarez faloulles da importancia de viaxar e coñecer a cultura doutros paises xa que non hai tantas diferenzas e tamén os animou a estudar e prepararse para o futuro.

Noticias relacionadas