Un grupo de estudantes de cidade de Landau en Alemaña visitaron esta mañá a Casa do Concello

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de estudantes do instituto Eduard-Spranger Gymnasium da cidade de Landau, próxima a Estrasburgo, en Alemaña, que se atopan de intercambio co IES Sanxillao e durante unha semana coñecerán Lugo e visitarán outras cidades de Galicia.

Martes, 17 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

López Orozco deulles a benvida en alemán e lembrando algunhas das anecdotas da súa visita a Alemaña e falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas e creando unha Europa unida”.

Estes intercambios fanse entre alumnos de 14 e15 anos e os estudantes lucenses visitarán no próximo mes esa rexión da Alemaña que destaca por ser unha zona vitivinícola e próxima a Francia.

Multimedia

Noticias relacionadas