Un grupo de estudantes daneses de intercambio visitan o Cemiterio Municipal

Cristina López: “queremos poñer en valor o noso patrimonio a través deste tipo de actividades”

Na visita, estiveron acompañados por Cristina López e Felipe Rivas

Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un grupo de estudantes daneses de intercambio visitan o Cemiterio Municipal

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, recibiron no Cemiterio Municipal a un grupo de 23 estudantes de intercambio do Instituto Katedralskole de Roskilde de Dinamarca que, xunto con dous profesores, descubriron o patrimonio funerario que se custodia no Cemiterio Municipal, reflexo da historia de Lugo.

A visita enmárcase nas actividades organizadas polo departamento de inglés do IES Lucus Augusti. “Esta actividade contribúe á proxección externa do Cemiterio municipal de Lugo”, indicou Cristina López, que engadiu “queremos promover e poñer en valor  o noso patrimonio a través deste tipo de actividades que acheguen ao estudantado á historia da cidade a través do cemiterio”.

Multimedia

  • Un grupo de estudantes daneses de intercambio visitan o Cemiterio Municipal

Noticias relacionadas