Un fotomatón e dous concertos celebran o día do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A Banda Filharmónica Infantil de Lugo e o grupo coral Solo Voces interpretaron as súas obras no patio do Vello Cárcere

O fotomatón “A Muralla e Ti” continuou a construír unha muralla de persoas e superou as espectativas de participación

Domingo, 01 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un fotomatón e dous concertos celebran o día do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A área de Cultura, turismo e Promoción da Lingua continúa coa celebración do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. No día de hoxe, o fotomatón “a Muralla e ti” continuou a facer fotos de veciñas e veciños que quixeron colaborar para construír unha muralla de persoas mentres que o vello cárcere acolleu os concertos da Banda Filharmónica Infantil, que tivo lugar ás 13 horas e Solo Voces, co seu “Que o Camiño nos leve a Atoparnos” ás 19:30. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a responsable de cultura, Maite Ferreiro asistiron aos actos.

As actividades rematarán o vindeiro martes, 3 de decembro, no Auditorio do Vello Cárcere onde, a partir das 19 horas terá lugar a mesa redonda “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, moderada por Rubén Arroxo, e que contará con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira. Ás 20 horas, Adolfo de Abel Vilela impartirá unha conferencia baixo o título “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento”. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, animou ás veciñas e veciños de Lugo a asistir “ás actividades que quedan para celebrar esta importante data para a cidade”.

Multimedia

  • Un fotomatón e dous concertos celebran o día do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas