Un escudo romano protagonizará por primeira vez o cartel do Arde Lvcvs, que este ano terá lugar do 16 ao 19 de xuño

Lara Méndez e Carmen Basadre deron a coñecer este venres o deseño gañador do certame convocado polo Concello, Scvdo, obra do albaceteño Roberto Campos

Venres, 04 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un escudo romano protagonizará por primeira vez o cartel do Arde Lvcvs, que este ano terá lugar do 16 ao 19 de xuño

O Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deron a coñecer este venres o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXVI, que estará protagonizado por primeira vez por un escudo romano.  

O deseño gañador, Scvdo, obra do albaceteño Roberto Campos, foi seleccionado por un xurado profesional do que formaron parte un fotógrafo, un deseñador gráfico e un membro da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Pradero, Enrique Bonet e Alejandro Carro, respectivamente. O fallo produciuse na Casa da Xuventude, onde se atopan expostos os 53 traballos presentados ao concurso convocado polo Concello, unha vintena máis que a pasada edición. O cartel gañador recibirá un premio de 1.000 euros.

A rexedora e a edil amosaron a súa satisfacción pola alta participación neste certame do que por cuarto ano sae a imaxe oficial desta festa declarada de Interese Turístico Galego, que este ano se celebrará entres os días 16 e 19 de xuño. “Trátase dun deseño que reflexa os valores que queremos que destaquen desta festa”, manifestaron, ao tempo que fixeron fincapé na importancia do Arde Lvcvs para Lugo, que o pasado ano deixou uns 6 millóns de euros na cidade. 

Multimedia

  • Un escudo romano protagonizará por primeira vez o cartel do Arde Lvcvs, que este ano terá lugar do 16 ao 19 de xuño

Noticias relacionadas