Un congreso, a nivel internacional, sitúa a Lugo na vangarda da xestión tecnolóxica e socialización do patrimonio cultural

Carmen Basadre, Uxío Novneyra e Óscar Penín presentaron esta iniciativa, para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que terá lugar do 11 ao 13 de maio, no Vello Cárcere, como sede principal

Venres, 27 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un congreso, a nivel internacional, sitúa a Lugo na vangarda da xestión tecnolóxica e socialización do patrimonio cultural

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes de EidosD, Uxío Novoneyra e Óscar Penín,  respectivamente; presentaron este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o congreso sobre as teconoloxías e recursos para a xestión e socialización do patrimonio, CTRL-u-Go, que terá lugar do 11 ao 13 de maio no Vello Cárcere como sede principal, e noutros espazos da cidade, como son a Muralla, a Facultade de Humanidades ou o café cultural Ho Gruf.  

Trátatase da nova actividade impulsada polo Concello para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural que nace para producir unha reflexión sobre as novas tecnoloxías como ferramenta para as humanidades, servindo como transformador do sector a nivel local, nacional e internacional. É pois unha reflexión de como as tencoloxías poden permitir o accceso ao patrimonio de todo un país, cun só click; e enmárcase no programa Lugo é Mundial, que inclúe tamén a iniciativa de Apadriña un monumento.

Carmen Basadre convidou a participar neste evento "diferente e único", de caracter gratuíto, pensado para profesionais, para estudantes, e para todas aquelas persoas que teñan interese polo patrimonio cultural. Como encontro profesional e científico, a través do apoio da facultade de Humanidades, a asitencia ás tres xornadas do programa permiten a obtención dun crédito ECTS.

Tal e como explicou Novoneyra, CTRL-u-Go busca varios formatos de presentación de propostas, que consolidan un novo tipo de encontro, ao inserir ademais, dinámicas de reunión e diálogo de diferentes sectores dentro da xestión tecnolóxica do patrimonio cultural.

‐ Sesións de presentación de metodoloxías e reflexións teóricas: profesionais de ampla traxectoria e prestixio no mundo das humanidades dixitais, da economía colaborativa e dos novos xeitos de tratamento da información.

‐ Debate-a-3: mesas de debate conformadas por profesionais con perfís complementarios e destes cos asistentes. Debates na pescuda de novos xeitos e ferramentas de achegamento ao patrimonio.

‐ Obradoiros: mesas de traballo prácticas nas que se produza o achegamento do público asistente aos conceptos, ás técnicas e aos contido expostos nas sesións e nos debates previos.

‐ Talleres‐Intervencións directas, accións co patrimonio e a sociedade lucense.

‐ #Lugografías: sesión específica sobre profesionais da propia cidade. Un repaso ao estado da cuestión do patrimonio cultural, literario, gastronómico, arqueolóxico etc.

-Barferencias: A modo de Pechakucha en establecementos de hostalería, queremos homenaxear a taberna galega como centro de transmisión dos coñecementos en patrimonio, dende as tertulias literarias ate as peñas, entre outros.

Entre os poñentes máis destacados, atópase o profesor, no eido do turismo cultural, da Universidade de Barcelona, Jordi Tresserras, o licenciado en dereito e especialista en propiedade intelectural, Javier de la Cueva; e o representante do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos dende o ano 2002, Alfonso Sánchez. Así mesmo, participará a directora do principal congreso sobre divulgación do patrimonio no eido iberoamericano, Sabah Alid; a brigada de investigación do patrimonio histórico, Trazers.com (o facebook da cultura), a luguesa, profesora de Humanidades e Directora do Centro de Estudos da Cidade de Lugo, Ana Goy, e o catedrático de opinión pública Víctor Sampedro.

Máis información en www.lugoemundial.com, ou nas redes sociais do evento, en Twitter @CTRLugo e facebook.com/CTRLugo.

Audio

Noticias relacionadas