Un centenar de veciños de Bosende contarán cun renovado local social grazas ao Concello

A entidade local fai unha achega de 10.000 euros para sanear as humidades existentes nas instalacións, así como o seu illamento térmico, unhas melloras que dan resposta ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos

Martes, 12 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández visita o local social de Bosende

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, acompañado de membros da asociación veciñal, supervisou este martes o estado das obras que o Concello está a executar no local social de Bosende, unhas melloras que dan resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. “Con estas obras melloramos a funcionalidade do local social ao tempo que respondemos ás peticións realizadas polos veciños e veciñas”, subliñou Fernández. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses, que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

Grazas ao Concello, que achega 10.000 euros para estas actuacións, un centenar de veciños de Bosende contarán cun renovado local social. As obras acométense para sanear as humidades existentes no local así como o seu illamento térmico. Entre as melloras destacan a colocación de pladur e o asentamento de tarima no solo, así como a colocación de verteaugas e o repintado do local.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o local social de Bosende |Descargar mp3

Noticias relacionadas