Un ano máis a calidade dos disfraces convértese en protagonista do Gran desfile do Entroido lucense

O concurso infantil de disfraces organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, despregou unha grande dose de orixinalidade e imaxinación.

Sábado, 25 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un ano máis a calidade dos disfraces convértese en protagonista do Gran desfile do Entroido lucense

Nesta edición do concurso infantil de disfraces mixturáronse épocas pasadas con recreacións de modernos xogos interactivos, amosando evocacions ó País das Marabillas así como festexos do fin de ano chinés.

Coma en anos anteriores, tres foron as categorías: individual, por parellas e comparsas; todas elas cun premio especial para os que empregaron material reciclado.

Nesta edición, o xurado o tivo complicado en todas as categorías para decidir ós gañadores, sendo ó final estes os premios do Gran Concurso Infantil de Disfraces 2017.

Individual

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 50,00 €): Num. 1 Operación
  • 3° Premio (Iote libros por 30,00 €): Num. 3 Pollito
  • 2° Premio (Iote libros por 40,00 €): Num. 2 Paxarelia a espantallo amiga dos paxaros
  • 1° Premio (Iote libros por 50,00 €): Num. 7 Gondolero

Parellas

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 75,00 €): Num. 1 0 máis Bonitiño
  • 3° premio (Iote libros por 50,00 €): Num. 5 Quen pillou a quen
  • 2° Premio (Iote Iibros por 60,00 €): Num. 2 Trata de Arrancalo Nai
  • 1° Premio (Iote Iibros por 75,00 €): Num. 3 Lollipops

Comparsas

  • Premio disfrace reciclado (Iote libros por 150,00 €): Num. 3 Supermario
  • 3° Premio (Iote Iibros por 100,00 €): Num. 4 Aqueles marabillosos anos
  • 2° premio (Iote libros por 120,00 €): Num. 1 Alicia y su mundo fantástico
  • 1° Premio (Iote libros por 150,00 €): Num. 5 Los chinitos de la suerte de Albeiros

Multimedia

  • Un ano máis a calidade dos disfraces convértese en protagonista do Gran desfile do Entroido lucense

Noticias relacionadas