Últimos días para presentar solicitudes para o (Con) trato feito!, que conta con 1.150.000 euros

As empresas e entidades sen ánimo de lucro interesadas aínda poden presentar as súas solicitudes, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro xoves, 13 de outubro

Venres, 07 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O voceiro municipal, Miguel Fernández, lembrou esta mañá que o vindeiro xoves, 13 de outubro, remata o prazo para presentar solicitudes para o plan de emprego 100% municipal, (Con) trato feito!. As empresas e entidades sen ánimo de lucro interesadas poden presentar aínda as súas solicitudes, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla, de 09:00 a 14:00 horas.

O Goberno Municipal puxo en marcha este plan de emprego, que busca axustar a oferta á demanda real, para facilitar a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no municipio.

(Con) trato feito! está dotado de 1.150.000 euros e contempla dúas liñas de axudas, unha destinada para empresas, dotada con 920.000 euros, e outra para entidades sen ánimo de lucro, duns 230.000 euros. Para a primeira as liñas serán subvencionables o 70% dos custos salariais e para a segunda, o 100%.

A selección de empresas ou entidades será en concorrencia competitiva e atenderá a criterios sociais, como como favorecer a conciliación familiar, ofertar ao contratado bolsas de estudo, plan de pensións ou seguros médicos, así como amparar a contratación de colectivos desfavorecidos, como parados de longa duración, mulleres ou maiores de 50 anos.

Máis información na web municipal www.lugo.gal.

Audio

  • Miguel Fernández, voceiro municipal, sobre o plan de emprego (Con) trato feito! | Descargar mp3

Noticias relacionadas