Últimos días para participar nos Premios Son Muller 2018 que promoven Concello, Deputación de Lugo e AELU

Trátase do certame que pon en valor o traballo das mulleres empresarias e emprendedoras da provincia,  que organiza a Asociación de mulleres empresarias, coa principal colaboración dos Gobernos Local e Provincial, que achegan 4.600 euros

As interesadas poden facer a súa inscrición ata o 1 de marzo en www.empresariaslugo.org. Contan cun total de 3.000 euros en premios

Valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como os proxectos que fomenten o empoderamento do rural galego

A entrega de premios ás gañadoras terá lugar nun acto, o 8 de marzo, ás 20:30 horas no Vello Cárcere, no que se realizará un recoñecemento especial á longa traxectoria empresarial e profesional dunha muller referente na provincia de Lugo

Luns, 26 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Últimos días para participar nos Premios Son Muller 2018  que promoven Concello, Deputación de Lugo e AELU

Últimos días para participar nos Premios Son Muller 2018 que organiza AELU (Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo), coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, que achegan 4.600 euros, converténdose nas principais patrocinadoras. Fano dentro da súa aposta conxunta por poñer en valor o traballo que desenvolven todas as mulleres empresarias e emprendedoras da provincia. Esta I edición ten como fin promover e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense. Está destinado a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial, así como que cumpran coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social. 

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse enwww.empresariaslugo.org ata o 1 de marzo. Toda as bases e información sobre o certame atoparanse en dita páxina web e no 982 22 69 91.

3 categorías

OsPremios Son Muller organizados pola Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, coa colaboración Concello e Deputación de Lugo, contarán con 3 categorías:

- Empresaria rural: proxectos de mulleres en Concellos rurais baseados en actividades agrarias e complementarias, agroalimentarias, turísticas, industriais, así como, actividades ou actuacións que recoñeza a súa labor no medio rural. Neste premio valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como o proxecto empresarial que fomente o empoderamento do rural galego.

- Empresaria: con actividade dende hai máis de 42 meses dentro do sector rural. Valoráranse positivamente os currículos con ampla experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación do mesmo.

- Emprendedora: proxectos empresariais non superiores aos 42 meses. Teranse en conta con espírito emprendedor, a creatividade e innovación, o grado de definición do produto ou servizo, a creación de emprego feminino, así como a orixinalidade no sector.

Premios dun total de 3.00 euros

O certame contará cun xurado formado por representantes de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresas e sociedades lucenses. O xurado será responsable de seleccionar as candidaturas ganadoras. Os premios son:

- 1º Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora: 1.000 euros, máis un ano de cota gratuíta como asociada da asociación e un xogo de Matrioskiñas galegas, elaborado por artesás lucenses.

- 2º Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora: un ano de cota gratuíta como asociada da asociación e un xogo de Matrioskiñas galegas.

A entrega de premios ás gañadoras desta I edición dos premios que organiza AELU coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, terá lugar nun acto, o 8 de marzo, ás 20:30 horas no Vello Cárcere, no que se realizará un recoñecemento especial á longa traxectoria empresarial e profesional dunha muller referente na provincia de Lugo.

Noticias relacionadas