Últimos días para participar no II Concurso de fotografía e vídeo Olladas do San Froilán

O certame que impulsa o Concello para difundir as festas está aberto a persoas maiores de 18 anos e hai un único premio de 1.600€

Os vídeos deben enviarse por correo electrónico a cultura@concellodelugo.org ata o 2 de novembro

Mércores, 31 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este venres, 2 de novembo, remata o prazo para participar no II Concurso de fotografía e vídeo Olladas do San Froilán, un certame que impulsa o Concello co obxecto de difundir estas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional, a través de pezas audiovisuais de libre creación, que aporten as particulares miradas das persoas participantes, e que recollan calquera dos variados aspetos que caracterizan estes festexos.

O concurso está aberto a persoas maiores de 18 anos de idade e hai un único premio de 1.600 euros. Os vídeos deben enviarse por correo electrónico a cultura@concellodelugo.org e pode facerse a través de sistemas de envíos grandes.

As bases do certame pódense consultar na propia web das festas sanfroilan.info.

Noticias relacionadas