Últimos días para inscribirse nos concursos do Entroido 2017, que contan con 7.800 euros en premios

O concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 25 e o de adultos celebrarase o martes 28. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas dende a Praza da Soidade

Martes, 21 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lembrou este martes que segue aberto o prazo para participar nos concursos do Entroido 2017, que este ano conta con 7.800 euros en premios. As inscricións para os concursos de disfraces deberán facerse na propia Concellería de Cultura, situada na Casa do Concello, antes das 14:30 horas deste venres, 24 de febreiro, no caso do infantil, e antes das 14:30 horas do luns, 27 de febreiro, para o dos adultos.

O concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 25 e o de adultos celebrarase o martes 28. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas. Os participantes concentraranse na praza da Soidade, media hora antes do desfile, co seguinte  percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, rúa Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. En caso de choiva trasladarase o desfile e o concurso á carpa instalada detrás da Casa do Concello.

As bases dos concursos e o programa de actividades do Entroido poden consultarse na web municipal, www.lugo.gal, e chamando ao Servizo de Información Cidadá 010, ou ao 982-29-73-50 para chamadas dende fóra de Lugo.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre os concursos do Entroido 2017|Descargar mp3

Noticias relacionadas