Últimos días para inscribirse na ruta que Xuventude organiza este sábado pola Ribeira Sacra

A mocidade de 14 a 35 anos interesada en participar aínda se pode anotar en xuventude@lugo.gal

 
Luns, 17 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Últimos días para inscribirse na ruta que Xuventude organiza este sábado pola Ribeira Sacra

Últimos días para anotarse á ruta que Xuventude organiza este sábado, 22 de agosto, pola Ribeira Sacra. Trátase dun percorrido, duns 15 quilómetros, polas terras situadas entre o Río Miño e o Canón do Sil.

Os mozos e mozas interesados en participar poden facer ata o venres as súas inscricións, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación, que é gratuíta, seguirá a seguinte prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  • Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  • E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

O punto de partida e de chegada é a Casa da Xuventude. A saída é ás 09:00 horas. O material obrigatorio preciso para a actividade é a máscara cubrebocas e recoméndase levar botas de montaña de caña alta, con membrana impermeable; roupa cómoda para unha actividade no medio natural acorde á época do ano, mochila, auga, bastóns de trekking, roupa de reposto, xantar, gorra, protector solar e lentes de sol e xel hidroalcohólico ou desinfectante

Noticias relacionadas