Último reparto de botellas de Cocacola do Décimo Aniversario

Mércores, 10 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Esta será a última oportunidade de conseguir unha das botellas conmemorativas, de edición limitada, do popular refresco

Cocacola e Lugo10 queren continuar celebrando o Décimo Aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial. Así, e a partir de mañá xoves 11 de novembro, as persoas que visiten a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque, recibirán como agasallo unha das botellas de edición limitada deste refresco.

O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla de Lugo Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.

O primeiro reparto foi no mes de maio, cunha tirada de 3.000 botellas, que se repartiron nos tres Museos da cidade. Debido ao grande éxito acadado, Cocacola quixo aportar 3.000 unidades máis desta edición limitada do popular refresco, que se repartiron durante as festas do San Froilán. Agora, chega a última oportunidade para conseguir unha das botellas conmemorativas, que recibirán todos aqueles que a partir de mañá se acheguen a visitar a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque.

Horarios

Casa dos Mosaicos: 11.00h - 14.00h / 17.00h - 19.00h
Museo Arqueolóxico de San Roque: 11.00h - 14.00h / 17.00h - 19.00h
Centro de Interpretación da Muralla: 10.30h - 14.00h / 16.30h - 20.00h

www.lugo10.es

Multimedia

Noticias relacionadas