Últimas prazas dispoñibles para 4 dos cursos de verán +Xti, organizados polo Concello

Os interesados aínda se poden apuntar achegándose á Casa da Xuventude e a través do teléfono de atención cidadá 010

Sábado, 27 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A vindeira semana remata o prazo de inscrición para 4 dos cursos de verán +Xti, organizados pola Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Os interesados aínda se poden apuntar achegándose á Casa da Xuventude e a través do teléfono de atención cidadá 010.

Unha das actividades que esgotan o prazo de inscrición o vindeiro luns é o Curso de Microespazos Audiovisuais, que terá lugar do 1 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Este obradoiro, dirixido a mozos de entre 18 e 35 anos. levarase a cabo na Casa da Xuventude.

Por outro lado, tamén remata ese mesmo día a inscrición para Obradoiros creativos, que terá lugar do 1 ao 15 e do 17 ao 31 de xullo, de 11:15 a 12:15 e de 12:30 a 13:30 horas na Casa da Xuventude. Trátase dunha actividade na que os participantes, mozos de entre 12 e 16 anos, aprenderán a modelar con pasta sculpey, deseñarán con goma eva, realizarán figuras de serpentina e de papel e decorarán diversos obxectos coa técnica de scrapbooking.

Dentro das cursos que rematan o prazo tamén se atopa un sobre operación básicas de manexo de ordenadores e móbiles, que terá lugar do 6 ao 28 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas e outro de Iniciación á equitación, que se desenvolverá todos os martes e xoves, dende o 7 ao 30 de xullo nas instalacións de Hípica Equs Cavalleti.

Os cursos de verán tamén contemplan a práctica de paintball. O período de inscrición para esta xornada remata o 9 de xullo.

Para todos os cursos é imprescindible estar censado no Concello.

Noticias relacionadas