Últimas prazas dispoñibles para 14 das actividades de lecer para mozos e mozas, organizadas polo Concello

Os interesados en practicar zumba, GAP, pilates, ioga, control de estrés e en preparar o first e o pet, así como de iniciarse en cociña italina, respostería, ganchillo e teatro aínda se poden anotar achegándose á Casa da Xuventude

Luns, 08 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O prazo de inscrición para 14 das actividades de lecer para mozos e mozas, organizadas pola área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua prorrógase ata cubrir as prazas ofertadas. Os interesados aínda se poden apuntar achegándose á Casa da Xuventude, en horario de luns a sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.

Trátase dos talleres de zumba, que terán lugar do 15 de febreiro ao 23 de maio e do 19 de febreiro ao 3 de xuño, os luns e os venres, de 20:00 a 21:00 horas, respectivamente; de GAP, os martes do 16 de febreiro ao 31 de maio de 20:00 a 21:00 horsa; de pilates, do 18 de febeiro ao 2 de xuño, os xoves de 20:00 a 21:00 horas; de ioga, do 17 de febreiro ao 25 de maio, os mércores de 20:30 a 21:30 horas e de control de estrés e técnicas de relaxación, todos os xoves de 10:00 a 11:30, do 18 de febreiro ao 31 de marzo.

Quedan prazas baleiras tamén para preparar tanto os exames de inglés pet como o first así como para iniciarse en cociña italiana, en repostería, calceta e ganchillo e en teatro.

Máis información en www.lugo.gal

Noticias relacionadas