Tres novos cursos darán comezo entre hoxe e mañá nas Actividades de Verán 2011 organizadas polo Concello de Lugo

Martes, 02 de agosto de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe día 1 inícianse dous novos cursos, e mañá día 2 un curso máis do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.

Os cursos que comezan hoxe son “Curso de intervención coa mocidade: cannabis” que remata o 12 de agosto en horario de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas. Esta actividade está dirixida á poboación maior de 18 anos e levarase a cabo no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Este curso seguirá as mesmas pautas que cursos anteriores deste tipo como o de alcol e tabaco; co obxetivo de concienciar á mocidade sobre os riscos e efectos do cannabis.

No Centro Maruja Mallo comeza tamén o curso de “Maxia” en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas para maiores de 12 anos. Trátase dun curso máis creativo no que se lle aprenderá aos cativos a facer trucos de maxia.

Por outro lado, no Centro de Convivencia María Balteira, mañá dará comezo o curso de “Patinaxe” en horario de martes e mércores de 19:30 a 21:30 para rapaces maiores de 12 anos. Este curso xa se imparteu durante o mes de xullo e rematou o mércores 27, e como no pasado mes, os rapaces aprenderán a patinar e a gañar habilidade e experiencia sobres os patíns.

Este venres, tamén remataron os cursos de “Dinámica de grupos” e “Goma eva e feltro” nos que participaron unha media de 15 mozos e mozas. A parte destes cursos, hai outras actividades que se iniciaron o mes de xullo e que continúan xa que teñen unha duración maior, tales como: baile, deseño gráfico e webs, nutrición ou alemán.

Noticias relacionadas