Tres alumnas universitarias de Xapón traduciron no Concello información turística de Lugo ao xaponés

Carmen Basadre mantivo un encontro coas estudantes, que realizan prácticas en virtude do programa Vía Láctea, que promove o intercambio cultural entre universidades europeas e de Asia

Xoves, 20 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Tres alumnas universitarias de Xapón traduciron no Concello información turística de Lugo ao xaponés

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, mantivo un encontro coas tres alumnas universitarias de Xapón que realizaron prácticas no Concello de Lugo traducindo información turística sobre a cidade ao idioma xaponés, que despois se poñerá a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo. A iniciativa é froito do programa Vía Lácea, que promove o intercambio cultural entre universidades europeas e de Asia no campo das Humanidades.

As estudantes que traballaron no Concello as tres últimas semanas son Yurina Doi, estudante da Universidade Prefectual de Aichi, Sara Morishima, tamén do centro de Aichi, e Rieko Shibayama, alumna da Universidade de Kanazawa. As tres realizaron nas dependencias da Casa Consistorial traducións de toda a información turística do municipio que figura na páxina web, sobre o Arde Lucus e o San Froilán e tamén das guías Lugo Monumental e Lugo Romano.

Noticias relacionadas