Toman posesión tres conserxes de colexio, que se incorporarán o luns ao Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e As Gándaras

Venres, 31 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación, Manuel Núñez, informou de que este venres tomaron posesión tres conserxes de colexio público, que se incorporarán ao seu posto de traballo o luns, para o inicio do curso escolar, aos centros de ensino do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e As Gándaras. Dúas das prazas cubríronse tras xubilacións e unha, despois dunha renuncia.

Deste xeito, o Goberno garante o servizo de conserxería en todos os colexios, que se suma a outros que presta a entidade local, como a de comedor escolar en nove centros: Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón. En todos estes centros préstanse os servizos de madrugadores e xantar. Ademais, no colexio de Casás ofrécese o servizo de madrugadores. O investimento anual do Concello no servizo de comedor é duns 817.000 euros, e o da Xunta, institución coas competencias en materia educativa, 89.000 euros en tres anualidades (2017-2019). Concretamente, o Concello encárgase da elaboración das comidas, a súa distribución ata as mesas, o reparto entre os cativos e cativas e a vixilancia no comedor, entre outros.

Noticias relacionadas