As tarefas de poda que realiza o Concello acondicionan unhas 1.600 árbores das zonas verdes e rúas da cidade

Daniel Piñeiro supervisou estes traballos, que neste momento se realizan no casco histórico e continuarán nas vindeiras semanas por toda a cidade

Luns, 23 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As tarefas de poda que realiza o Concello acondicionan uns 1.600 árbores das zonas verdes e rúas da cidade

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este luns na Praza da Constitución as tarefas de poda do arboredo existente que está a realizar o Concello en preto de 1.600 árbores da cidade, das que unhas 900 están distribuídas polas rúas e 650 atópanse nas zonas verdes. 

Tal e como lembrou Daniel Piñeiro, os traballos, que xa se realizaron na carballeira de Fingoi, comezaron esta semana polo casco histórico, e nos vindeiros días continuarán polas prazas Campo Castelo, Maior e Soidade, ademais das rúas Armanyá e Lois Peña Novo. Para estas tarefas está destinado un equipo de catro operarios cun elevador.

As tarefas de poda continuarán polas avenidas de Ramón Ferreiro e Fontiñas, entre outras. Para realizar estes traballos, a entidade local conta ademais con outro equipo manual conformado por tres operarios, que acometen a poda das árbores situadas nas rúas da cidade e que xa acondicionaron o arboredo das rúas Río Lor, Portugal, Río Ulla, ou Irmáns Carro.

Multimedia

  • As tarefas de poda que realiza o Concello acondicionan uns 1.600 árbores das zonas verdes e rúas da cidade

Noticias relacionadas