Taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a emprendedores o vindeiro luns no CEI-NODUS

Esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas

Xoves, 14 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a emprendedores o vindeiro luns no CEI-NODUS

O vindeiro luns, 18 de marzo, terá lugar o segundo taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a persoas emprendedoras, tras a celebración da primeira xornada este luns.

O CEI-NODUS acolle esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, que continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 persoas participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Un chatbot é un programa informático co que é posible manter unha conversación, é dicir, é un programa de mensaxería instantánea, o que superou en actividade ás redes sociais nos últimos tempos. Esta tendencia mundial pódese aproveitar para chegar a estar en contacto permanente cos dispositivos móbiles de persoas ou clientes que a unha persoa emprendedora lle interesan. Esta motivación é a destes talleres, con enfoque práctico e aplicado. Non é preciso para participar saber ningún tipo de lenguaxe de programación, nin ter ningunha formación previa de tecnoloxía.

Cada persoa participante disporá no taller dun ordenador portátil para aplicar tres casos distintos:

  • Como crear a primeira tenda de comercio electrónico para móbiles xesionado por un Bot
  • Como crear o primeiro servizo de atención ao cliente xestionado por un Bot
  • Como crear un canal de noticias xestionado por un Bot

Xunto a este programa, o Concello desenvolve outras 7 iniciatvas, das elixidos pola cidadanía nos Orzamentos Participativos, relacionados co emprendemento. Fundamentalmente son accións formativas, de capacitación e asesoramento a cargo de expertos dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.

Audio

Noticias relacionadas