Stefanie Krauss ofrece no CEI unha nova xornada formativa sobre novas tecnoloxías aplicadas á empresa

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolleu hoxe a xornada formativa As novas tecnoloxías na empresa galega, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.

O acto estivo centrado na conferencia de Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa. De feito, recibiu o premio ao mellor directivo do ano 2006 na categoría Pymes. As súas intervencións son solicitadas por todo o mundo, polo que supón un luxo a súa estadía en Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, e o Director Xeral de Formación, Pastor Fuenteseca, foron os encargados de prologar o acto, previamente á introducción de Fernando Montalbán Maseda, da empresa Delux consultoría y desarrollo.

Na súa intervención, o Alcalde falou da importancia do I+D+i para o avance dunha terra como é Lugo porque a materia prima esencial para o progreso "é o coñecemento".

Dentro desta dinámica apoiou o desenvolvemento empresarial, co acordo e o incentivo de empresarios e emprendedores.

Orozco fixo referencia ás subvencións procedentes da Unión Europea, que até o de agora non se emplearon en Lugo e que cos incentivos cos que conta a cidade "poden significar un antes e un despois para o progreso de Lugo".

Insistiu na importancia das novas tecnoloxías para o desenvolvemento e o progreso das empresas, "porque o desenvolvemento das empresas é tamén progreso para a cidade", engadiu.

Noticias relacionadas