Sons no patio central do Vello Cárcere os tres primeiros sábados de setembro

Música clásica, soul, jazz, swing xitano e funny jazz compoñen esta programación de actuacións, que son de entrada libre, ata completar cabida. Comezarán todas elas ás 21:00 horas

Mércores, 29 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O programa de concertos para as cálidas noites de verán no Vello Cárcere que arrincou en xullo, continúa a partir deste sábado, 1 de setembro, no patio central deste centro sociocultural. O Concello ten preparadas 3 actuacións ao longo da primeira quincena de setembro, todas elas de entrada libre, ata completar cabida, a partir das 21:00 horas.

Iria Estévez presentará este sábado Camiños do fado, xunto a Gonzo Piña á guitarra. Será un espectáculo de fado e cantiga galega. Unha semana máis tarde, o 8 de setembro, será a quenda da coñecida como música negra, unha idea entre o soul e o jazz. Belén Taje poñerá a voz e Maritxinha o baixo eléctrico.

O ciclo pecharao Xavier Mera xunto a David Reguerio o 15 de setembro, que presentarán un repertorio de swing xitano e funny jazz.

A Concelelira de Cultura,  Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre convidou a toda a cidadanía, luguesa e visitantes, a asistir a esta programación distinta, que impulsa un tipo de música menos comercial nun espazo distinto e acolledor, como é o Vello Cárcere. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o patio central do Vello Cárcere | Descargar mp3

Noticias relacionadas