Solidariedade Galega co Pobo Saharaui explica mañá en Lugo os seus proxectos e a situación do pobo saharaui

O activista Hassanna Aalia ofrecerá a charla coloquio, ás 19:30 horas, no centro Uxío Novoneyra

Martes, 20 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A organización Sociedade Galega co Pobo Saharaui explicará mañá en Lugo nunha charla coloquio os diferentes proxectos que desenvolve e a situación na que se atopa a día de hoxe o pobo saharaui. O activista Hassanna Aalia ofrecerá a conferencia, que terá lugar ás 19:30 horas, no centro social Uxío Novoneyra.

A actividade forma parte dun programa de varias charlas, que se levarán a cabo por toda Galicia dende hoxe e ata o vindeiro domingo.

Ademais doutros temas, abordarase a situación política nos territorios ocupados do Sahara Occidental, a situación humanitaria dos campamentos de refuxiados saharauis, a convocatoria dunha manifestación o próximo 14 de novembro en Madrid ou o programa Vacacións en Paz, co que o Concello de Lugo colabora con 7.000 euros.

Noticias relacionadas